jueves, 30 de abril de 2015

Cuando menos te lo esperas

Dirección Nancy Meyers 

Harry Sanborn (Jack Nicholson) é un solteirón recalcitrante que só sae con mulleres moito máis novas ca el. El e Marin (Amanda Peet), a súa última conquista, planearon un romántico fin de semana na casa da praia da nai dela. Cando Harry sofre un infarto, a nai deMarinErica Barrry (Diane Keaton), unha famosa escritora divorciada, acepta de mala gana coidalo ata que se repoña. Harry, asombrado, decátase de que se sente atraído por ela. Pero a Ericatamén a cortexa un mozo médico. Unha vez recuperado, Harry volve á súa casa e aos seus vellos hábitos. Non obstante, a relación conErica alterou a súa vida e os seus sentimentos.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Cómo se fixo.
Crítica en LaButaca.net e en Sensacine.
Crítica en AlohaCriticón  e en Decine21.

Trailer:



El lado bueno de las cosas

Director David O. Russell 
Tras pasar oito meses nun centro de saúde mental por agredir o amante da súa muller, Pat (Bradley Cooper) regresa á casa dos seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). Aínda que está decidido a facer todo o posible para recuperar a súa ex-muller, a situación cambia cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence), unha rapaza con problemas e mala reputación. A pesar da mutua desconfianza inicial, pronto xorde entre eles un estreito vínculo que lles axudará a encontrar o lado bo das cousas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en BlogdeCine e en DeCine21.
Reseña en Fotogramas.
Entrevista co protagonista Bradley Cooper.
Cómo se fixo.
Banda sonora.

Trailer:


lunes, 20 de abril de 2015

Sé lo que hicisteis el último verano

Dirección Jim Gillespie

Unha noite de verán, cando volvían dunha festa, dúas mozas parellas en estado de embriaguez atropelan un home nunha estrada deserta. Confundidos e asustados, deciden tirar o cadáver ao mar. Un ano despois, unha das rapazas, Julie, recibe unha mensaxe na que alguén di saber que pasou o verán anterior. A partir dese momento, un home con gabán de mariño e un gancho dedícase a matar os adolescentes.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en AlohaCriticón.
Sony prepara un reboot da película.

Banda sonora.

Trailer:

jueves, 16 de abril de 2015

El príncipe de las mareas

Dirección Barbra Streisand.
Tom Wingo é un adestrador o fútbol que hai pouco se quedou sen traballo e que está casado cunha muller que non ama e ten unha nai que se entremete demasiado. A súa vida empeza a mellorar cando se ve obrigado a viaxar a Nova York para axudar á súa irmá, que se intentou quitar a vida. Alí coñece unha psiquiatra, Susan Lowenstein, que falará con el para tratar de descubrir que sucedeu na infancia de ambos os dous que lles carrexa tantos problemas persoais. Tom acabará namorándose dela. Unha historia de amor entre dúas persoas de orixes distintas que forman unha conexión baseada nas súas experiencias infelices.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine21 e en Filmaffinity.
Reseña en The Cult.
Banda sonora.
Trailer: