lunes, 13 de enero de 2014

El fraude

Dirección Nicholas Jarecki.

O Fraude é un tenso e sedutor thriller sobre o amor e a lealdade no mundo das altas finanzas. O protagonista do filme é Robert Miller(Richard Gere), un magnate que na véspera do seu 60 aniversario parece o perfecto retrato do éxito americano na súa vida profesional e familiar, sempre acompañado pola súa fiel muller Ellen (Susan Sarandon) e Brooke (Brit Marling), a súa filla e herdeira do seu imperio. Pero tras os dourados muros da súa mansión, Miller está coa auga ao colo, desesperado por completar a venda do seu imperio a un gran banco antes de que quede exposta unha fraude que cometeu. Ademais, mantén un romance cunha marchante de arte francesa (Laetitia Casta) ás costas da súa muller e a súa filla. Xusto cando se dispón a desfacerse do seu problemático imperio, un sanguento e inesperado erro obrígao a reencontrarse cun fantasma do seu pasado e a enfrontarse aos límites da súa dobre moral. 

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Crítica en BlogdeCine e en LaButaca.net.
Comentario en LaHiguera.
Recensión en Vanity Fair
Reportaxe en Fotogramas.
Recensión en Ecured.
A película en Días de cine de RTVE.
Richard Gere e Susan Sarandon presentan a película no ABC.

Trailer:


No hay comentarios: