martes, 9 de abril de 2013

Inside Job


Dirección Charles Ferguson.
Documental que narra as causas e os culpables da crise financeira do 2008, e que intenta botar luz sobre os executivos, políticos e educadores que xogaron un papel importante nos sucesos que precederon a crise económica mundial. A crise económica mundial, cun custo de máis de 20 billóns de dólares, significou para millóns de persoas a perda dos seus fogares e empregos e puxo en perigo a estabilidade económica de practicamente todos os países desenvolvidos dende os Estados Unidos de América ata Islandia, China, e Grecia. A través dunha extensa investigación e entrevistas a respectadas fontes financeiras, políticos, e xornalistas, a película traza o auxe dunha industria deshonesta e desvela as corrosivas relacións que corromperon a política, a regulación e a educación.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en El Confidencial.
"Historia de la avaricia" en Cinco Días.
Reseña en Fotogramas.
Guía didáctica en Averroes desde o IES Alhendin
A película en Aula de Filosofía.
Trailer:


No hay comentarios: