jueves, 10 de enero de 2013

El Hombre Lobo

Dirección Joe Johnston.
Inspirada na clásica película de Universal que encabezou un legado de terror, O HOME LOBO é a historia das lendarias orixes dunha maldición e do home que a padece. Benicio del Toro é Lawrence Talbot, un nobre que volve á casa familiar ao desaparecer o seu irmán. Despois de reencontrarse co seu pai, do que se distanciara (Anthony Hopkins), Talbot sae en busca do seu irmán e descobre o horrendo destino que o espera.
A infancia de Lawrence Talbot rematou a noite que faleceu a súa nai. Despois de deixar a adormecida viliña vitoriana de Blackmoor, tardou anos en recuperarse e en borrar certos recordos. A prometida do seu irmán, Gwen Conliffe, encarnada por Emily Blunt, encóntrao e pídelle que busque ao seu desaparecido amor, e Talbot decide regresar á casa. Decátase de que alguén ou algo brutalmente salvaxe e cunha insaciable sede de sangue matou varios habitantes do pobo e que un suspicaz inspector de Scotland Yard chamado Alberline (Hugo Weaving) veu a investigar os crimes.
Cando Talbot empeza a reunir as pezas do sanguento crebacabezas, descobre que existe unha antiga maldición que converte os homes en lobos coa lúa chea. Talbot non ten máis remedio que destruír a terrible criatura que habita nos bosques arredor de Blackmoor se quere rematar coa matanza e protexer a muller da que se namorou. Non obstante, a terrible criatura mórdeo e un home bo cun pasado torturado descubrirá un lado da súa persoa que nin sequera podía imaxinar.


Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha da película
El mito del licántropo de LaButaca.net.
Las 10 mejores películas con hombres lobo de HoyCinema.
Como se fixo de LaButaca.net.

Banda sonora.

Trailer:


miércoles, 9 de enero de 2013

Green Zone

Dirección Paul Greengrass.
Durante a ocupación de Bagdad en 2003 por tropas estranxeiras, maiormente estadounidenses, ao subtenente Roy Miller e ao seu equipo de inspectores encoméndanlles a misión de percorrer o deserto en busca de armas de destrución masiva supostamente almacenadas alí. Rexistran escondedoiro tras escondedoiro, a cual máis perigoso, pero en vez de letais axentes químicos, descobren un elaborado plan que dá a volta ao propósito da súa misión. Rodeado de axentes con obxectivos contraditorios, Miller debe abrirse camiño entre unha maraña de espías nun país descoñecido mentres intenta encontrar respostas que quizais sirvan para salvar a un goberno ou para estender a guerra nunha rexión moi inestable. Non tardará en descubrir que, nun momento difícil e nunha rexión explosiva, a arma máis difícil de encontrar é a verdade.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo.
Crítica en LaButaca.net.
Guía didáctica en Aula de Filosofía

Banda sonora.

Trailer:

martes, 8 de enero de 2013

Watchmen

Dirección Zack Snyder.
"Watchmen" está ambientada en 1985, nuns Estados Unidos alternativos nos que os superheroes disfrazados son parte do tecido da sociedade cotiá, e o "Reloxo do Fin do Mundo" (que mide a tensión entre USA e a Unión Soviética) marca permanentemente as doce menos cinco da noite. Cando un dos seus antigos colegas é asasinado, o vixilante enmascarado chamado Rorschach descobre un complot para matar e desacreditar a todos os superheroes, actuais e do pasado. A medida que vai contactando de novo cos seus antigos compañeiros da lexión anti-delitos (un charramangueiro grupo de superheroes retirados, dos cales só un ten auténticos superpoderes), Rorschach vai descubrindo unha preocupante conspiración de longo alcance que vincula o seu pasado común cunhas catastróficas consecuencias para o futuro. A súa misión é velar pola humanidade, pero... quen vixía os vixilantes?
 
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Blog de cine
Como se fixo en LaButaca.net.
Crítica en LaHiguera.net.

Banda sonora.

Trailer:

lunes, 7 de enero de 2013

Buscando a Nemo

Dirección Lee Unkrich, Andrew Stanton.
A película conta o incrible periplo de dous peixes -Marlin e o seu fillo Nemo- que se ven obrigados a saiba-rarse na Gran Barreira de Coral, xa que Nemo é capturado por un mergullador. O pobre remata na pe-cera da consulta dun dentista dende a que se dei-visa o porto de Sydney. Marlin, coa axuda dun simpático pero deas-pistado peixe chamado Dory -que carece de memoria inmediata-, se embar-ca nunha perigosa viaxe. O precavido pai acaba converténdose no -roe dunha verdadeira epopea cuxo fin é rescatar o seu fillo, que pola súa banda urdiu un desatinado plan para volver san e salvo á casa.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo en LaButaca.net.
23 cosas que (seguramente) no sabías de Buscando a Nemo de Cinemanía.
Web oficial.
Asociación de Prensa juvenil
Banda sonora.
Trailer:


domingo, 6 de enero de 2013

Anonymous

Dirección Roland Emmerich.
Ambientada no niño de serpes político da Inglaterra isabelina, "Anonymous" especula sobre o tema que intrigou a académicos e mentes brillantes como Mark Twain, Charles Dickens e Sigmund Freud: quen escribiu en realidade o corpus literario atribuído a William Shakespeare? Debatérono os expertos, escribíronse libros, estudosos dedicaron as súas vidas a protexer ou desacreditar as teorías da autoría das obras máis famosas da literatura inglesa. "Anonymous" propón unha posible resposta, remontándose para iso a un momento no que escandalosas intrigas políticas, romances ilícitos da Corte Real e estrataxemas de nobres ansiosos por poder se esclarecían no lugar máis insospeitado: o teatro londiniense.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en LaButaca.net.
Contexto cinematográfico.
Crítica en BlogdeCine.
"Anonymous contra Shakespeare" recensión no ABC.
"Los eternos fantasmas de Shakespeare" recensión en El Mundo
"Ser un fraude o no" de Diario crítico.
Crítica en Decine21.
Reportaxe en Fotogramas.
Banda sonora.

Trailer:

jueves, 3 de enero de 2013

The Queen

Dirección Stephen Frears.
Cando a noticia da morte da princesa Diana, indubidablemente a muller máis famosa do mundo, golpea ao incrédulo e sorprendido público británico, a raíña Isabel II (Helen Mirren) retírase tras os muros do castelo de Balmoral coa súa familia, incapaz de comprender a resposta do pobo á traxedia. Para Tony Blair (Michael Sheen), primeiro ministro recén elixido, a necesidade do pobo de consolo e comprensión dos seus líderes está claro. Ao desbordarse as mostras de emoción, o primeiro ministro debe achar o xeito de volver conectar o monarca cos seus súbditos. A película apóiase en multitude de entrevistas con personaxes conectados estreitamente coa casa real e expertos no tema para mostrar un retrato íntimo e ás veces humorístico dunha familia en crise e dun novo primeiro ministro no cumio do seu poder nun tempo dunha extraordinaria dor pública e privado.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en LaHiguera.net.
Como se fixo.
Crítica en Alohacriticón.

Banda sonora.

Trailer:

miércoles, 2 de enero de 2013

Full Monty

Dirixida por Peter Cattaneo.
En plena bancarrota, inspirados pola visita duns bailarins de streap-tease masculino á súa cidade, seis obreiros metalúrxicos no paro deciden saír da súa situación de angustia económica ofrecendo tamén un espectáculo. Gaz, un home de 30 anos, convence o seu antigo xefe, Gerald (que está no paro dende hai meses e non se atreve a explicarllo á súa muller) e a outros tres homes e inícianse na carreira do espectáculo de streap-tease profesional. Baixo a forma de comedia esta película retrata o malestar, as confusións e as contradicións que supón para este grupo de homes traballadores o desemprego.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica de Edualter, e ficha didáctica de Gob.es.
Crítica en Decine21 e en AlohaCriticón.

Banda sonora.

Trailer: