miércoles, 1 de febrero de 2012

Wall Street: el dinero nunca duerme

Dirección Oliver Stone.
Tras cumprir unha condena de sete anos por diversos delitos económicos, a veterana quenlla de Wall Street Gordon Gekko (Michael Douglas) sae do cárcere e publica o libro A cobiza é boa? Nel vaticina unha inminente crise económica como consecuencia da avaricia que esconden os novos produtos bancarios e financeiros. Tras a presentación, contacta con el Jake Moore (Shia LaBeouf), un novo e ambicioso axente de bolsa, entusiasta defensor das enerxías alternativas, e que vive e planea casar con Winnie (Carey Mulligan), a filla de Gordon. Esta, embarazada de poucos meses e directora da esquerdista web La verdade conxelada, non se fala co seu pai, pois despreza as súas ideas e o seu modo de manipular a xente, causa principal, segundo ela, da morte do seu irmán por sobredose de droga. Cando o mentor de Jake, Louis Zabel (Frank Langella), se suicida por culpa das crueis presións doutra quenlla, Bretton James (Josh Brolin), o mozo brooker planea unha sofisticada vinganza coa axuda de Gordon Gekko, que tamén ten contas pendentes con James.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica en El blog salmón.
rítica de cine en La higuera, en La butaca e en Aloha criticón.
Entrevista co director.
Reseña en El séptimo arte e en Fotogramas.
Una economía de cine.
Reseña en Cambio 21.
conocine.
Reseña en Fila siete.
Banda sonora.

 Trailer:

No hay comentarios: