lunes, 19 de septiembre de 2011

Perros de paja


Dirección Sam Peckinpah.
O astrofísico americano David Sumner (Hoffman) trasládase a vivir o pobo da súa muller, en Gran Bretaña. É un home reservado e tímido que vive absorto nas súas investigacións e procura evitar calquera disputa. Non obstante, a violencia de certos individuos do pobo chega a tal extremo que Summer, situado entre a espada e a parede, reacciona coas mesmas armas que os seus agresores para defender a súa muller e o seu fogar... Obra clave na filmografía de Peckinpah, "Cans de palla" é un estudo sobre a violencia do ser humano baseado na novela "The Siege of Trencher's Farm", de Gordon M. Williams.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón.
Matemáticas de cine.
Crítica en Muchocine e en La Fuga.
Reseña en Lahiguera.
La violencia del ser humano en Blogdecine.
Banda sonora.

Trailer:

jueves, 15 de septiembre de 2011

Moulin Rouge


Dirección de John Huston.
Nada resulta máis atractivo ou estimulante para un actor, bo ou malo, que colocarse diante da cámara para dar vida a personaxes extravagantes, estrafalarios, diminuídos ou con problemas físicos. A José Ferrer presentóuselle con este "Moulin Rouge" a oportunidade da súa vida cando John Huston decidiu que fose el o encargado de dar vida ao pintor Toulouse-Lautrec, o pintor que simboliza o esplendor do París de finais do século XIX, unha persoa nacida cunha malformación xenética que marcou en forma de enfermidade toda a súa vida ata a súa morte, vítima do alcohol, en 1901.
José Ferrer someteuse a un intenso traballo de maquillaxe grazas ao cal os espectadores quedamos sempre coa imaxe do pintor como un personaxe contrafeito e pouco amable.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en La claqueta.
El artista atormentado en Decine21.
El arte en el cine.
Monográfico Toulouse-Lautrec.
Reseña do director en El País.

Banda sonora.

Video:

martes, 13 de septiembre de 2011

El hotel de los líos


Dirección William A. Seiter.
Gordon Miller, un produtor de teatro de tres ao cuarto, quere estrear a obra dun novo autor novel, pero necesita encontrar un capitalista que a financie antes de iniciar os preparativos da función. Mentres tanto, instalouse, cos 22 membros da súa compañía, no hotel que rexenta o seu cuñado. Cando se descobre que debe unha suma considerable ao hotel, ameázano con desaloxalo, pero Miller, coa complicidade dos seus fieis Harry Binelli e Faker Englund, enxeñarállelas para evitalo e, ademais, conseguirá, por fin, estrear a obra.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Los hermanos Marx na wikipedia.
Los hermanos Marx.
Huéspedes morosos en Decine21.
Frases y diálogos de Groucho Marx.
Un problema de puertas abiertas y cerradas en matemáticas.

Vídeo sobre os protagonistas:

El gatopardo


Dirección Luchino Visconti.
Película baseada na novela homónima de Giuseppe Tomasi dei Lampedusa (1958). É a época da unificación de Italia en torno ao Piamonte, cuxo artífice foi Cavour. A acción desenvólvese en Palermo e os protagonistas son Don Fabrizio, Príncipe de Salina, e a súa familia, cuxa vida se ve alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi (1860). Para afastarse dos disturbios, a familia refúxiase na casa de campo que posúe en Donnafugata. Ata o lugar desprázanse, ademais da muller do Príncipe e os seus tres fillos, o mozo Tancredi, o sobriño predilecto de Don Fabrizio, que parece simpatizar co movemento liberal de unificación.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
La unidad de Italia en Cine e Historia e crítica na mesma páxina.
Guía da obra en Hacemos historia.
Reseña en Miradas de cine.
La decadencia de la aristocracia en Decine21.
Odiar El Gatopardo por Javier Marías en El País.
Banda sonora.

Trailer:

Danzad, danzad, malditos


Dirección Sydney Pollack.
Estados Unidos, en plena época da Gran Depresión. No medio dun ambiente de terrible miseria, xentes desesperadas, de toda idade e condición, apúntanse a un maratón de baile coa esperanza de gañar o premio final de 1500 dólares de prata e encontrar, polo menos, un sitio onde durmir e comer. Mentres os concursantes forzan os límites da súa resistencia física e psíquica, unha multitude morbosa divírtese considerando o seu sufrimento durante días.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en Decine21.
Reseña en Fotogramas.
Cine y eutanasia.
Cine y educación para la muerte.
De la ira contenida a la autocomplacencia.

Video:

El premio


Dirección Mark Robson.
Inquietante thriller situado no marco da Guerra Fría no que un escritor norteamericano, mullereiro e afeccionado á bebida, chega a Estocolmo para recibir o Premio Nobel de Literatura. Alí por casualidade descobre un complot para raptar un eminente científico tamén galardoado.... Un novelista que vai a Suecia a recoller o premio Nobel observa un comportamento estraño noutro dos galardoados, o Nobel de Física, un alemán refuxiado en Estados Unidos que parece ter amnesia. Estrañaralle tanto a súa actitude que decidirá investigalo para saber realmente que é o que acontece, nas súas pescudas encontrarase con numerosas trabas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en El cine de siempre, en La claqueta e en Cine y letras.
O director en Alohacriticón.
Crítica en Decine21.
Banda sonora.

Video:

domingo, 11 de septiembre de 2011

La dolce vita


Dirección Federico Fellini.
Marcello Rubini é un xornalista en busca de celebridades, que se move con insatisfacción nas festas nocturnas que celebra a burguesía da época. Cando se decata de que Sylvia, unha célebre diva do mundo do cine, chega a Roma, cre que esta é unha grande oportunidade para conseguir unha gran noticia, e, en consecuencia, a perseguirá polas festas nocturnas da cidade.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en La claqueta.
Reseña en Miradas de cine.
"La obra durante la censura de Franco" en El País.
Banda sonora.

Video:

jueves, 8 de septiembre de 2011

Operación pacífico


Dirección Blake Edwards.
Operación Pacífico é unha comedia que comeza do xeito máis serio, coma se se tratase dun drama bélico. Un submarino vai ser enviado ao despezamento. O almirante Sherman (Cary Grant) -antigo capitán do Tiger Sea nos tempos da 2ª Guerra Mundial- chega momentos antes de que aconteza. Percorre as súas estanzas con evidente nostalxia, quere despedirse do compañeiro de fatigas que os albergou naqueles dramáticos momentos da guerra. Cando entra no seu camarote, encontra o que foi o seu diario da bordo e comeza a lelo, e dese xeito tan clásico, introdúcese o longo flashback que nos leva á costa filipina en plena 2ª Guerra Mundial e que é a base da película ata a última secuencia en que se volve ao tempo inicial, e que funciona como epílogo. Tras un fulgurante ataque da aviación xaponesa. O Tigre do Mar resulta seriamente danado. O capitán Sherman e os seus homes propoñen ao mando arranxalo para poder chegar ata un estaleiro no que será reparado. Teñen dúas semanas para conseguilo. Pero en Operación Pacífico, a pesar da moi conseguida ambientación e deseño de produción, non asistimos a ningunha fazaña bélica, nin a epopeas de heroísmo submarino. Tan só hai unha acción de guerra, cando o Tiger Sea viaxa cambaleante cara ao estaleiro e ten a oportunidade de afundir un destrutor xaponés, acción que remata de forma cómica co lanzamento involuntario dun torpedo que tras cruzar a praia, desviado do seu obxectivo real, fai estalar un camión. Haberá outro bombardeo xaponés pero esta vez parece menos dramático ao introducir Edwards un elemento chocante. Os soldados celebran en cuberta o Ano Novo cun gran festín que se ve interrompido polo ataque. Ao somerxerse o submarino precipitadamente, toda a comida e a bebida queda varrida pola ondada que provoca a inmersión, é unha idea brillante de posta en escena.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
Crítica en Alohacriticón.
Banda sonora.

Trailer:

martes, 6 de septiembre de 2011

Forajidos


Dirección Robert Siedmak.
Dous individuos entran nunha cafetaría nun lugar perdido do medio oeste americano. Son asasinos profesionais e buscan un sueco chamado Ole Anderson (Burt Lancaster). Un dos presentes corre a buscar o sueco para alertalo, pero este en lugar de fuxir, decide resignarse e aceptar o seu destino.
Isto desencadea unha investigación levada a cabo polo axente dunha compañía de seguros, Riordan (Edmond O'Brien), que se ocupa de encontrar os beneficiarios da póliza do sueco. Desta forma, Riordan vai compoñendo as pezas dun complexo crebacabezas que revela que Ole Anderson tomou parte nun roubo de 250.000 dólares e despois estafou á banda e fuxiu co botín e coa rapaza do xefe, Kitty Collins (Ava Gardner)…

Na biblioteca e na wikipedia o director e a película.
Ficha técnica.
Miradas de cine.
Reseña en Fotogramas e en Muchocine.
Crítica en Claqueta.
Banda sonora.

Trailer:

La flor del mal


Dirección Peter Kosminsky.
Astrid é unha adolescente que vive en California coa súa nai Ingrid, unha bela muller que se dedica á arte. Aínda que nunca coñeceu o seu pai, ambas as dúas levan unha vida perfecta ata que aparece nas súas vidas Barry, do que Ingrid se namorará tolamente. Pero un día Ingrid é acusada de asasinar Barry e condenada a cadea perpetua, polo cal Astrid ve obrigada a ir a casas de acollida. Durante anos Astrid experimenta todo tipo de sensacións; relacións apaixonadas, a relixión, o cariño dun fogar... A pesar de todo ese tempo e dos consellos que recibe sobre non se fiar de ninguén nin de nada, Astrid mantén o contacto coa súa nai.

Na bilioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo.
Reseña en Decine21.

Trailer:

lunes, 5 de septiembre de 2011

Shaft


Dirección John Singleton.
Cando o mozo Walter Wade (Christian Bale) mata un estudante negro, John Shaft (Samuel L. Jackson) deteno. Malia que Wade abandona o país violando a liberdade condicional, Shaft consegue detelo de novo dous anos despois. Cando o seu millonario pai paga a fianza que lle deixa libra, o primeiro desexo de Walter é ver a Shaft morto.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.

Crítica de Decine21 e en LaButaca.

Trailer:

Una canción del pasado


Dirección Shainee Gabel.
Tras a morte da súa nai, Purslane Hominy EWill, unha adolescente solitaria e enfastiada, regresa á cidade da súa infancia. Segura de encontrar a súa casa abandonada, queda atónita ao comprobar que alí viven dende hai anos dous amigos da súa nai: Bobby Long, antigo profesor de literatura, e o seu protexido, o biógrafo Lawson Pines. Ningún deles ten intención de marchar, así que se ve obrigada a convivir con eles.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Miradas de cine.
"Debilidad por los invisibles" en Blog de cine.
Reseña en Sueños rotos coa banda sonora.

Trailer:

Danny the dog


Dirección Louis Leterrier.
Arrancado dos brazos da súa nai a unha temperá idade por Bart, Danny non coñece nada do mundo, agás o que lle mostrou Bart. E ese mundo consiste no cuarto no que vive, e na violencia que está condicionado a cometer cando así llo pide Bart. Cousa que acontece sempre que algunha das persoas ás que Bart presta diñeiro por medio do seu negocio-estafador de préstamos se atrasa no pagamento. Danny é, resumindo, a arma letal de Bart. Un home adestrado como un can para obedecer o seu amo sen preguntar nada, sen importar o brutal que poida ser a orde. Ata o día no que Bart cae na emboscada dun debedor vingativo...

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
"Todo hombre debe ser su propio dueño" en Fila Siete.
Crítica en Decine21.
Banda sonora.

Trailer:

Charlot boxeador


Dirección Charles Chaplin.
Charlie nunha memorable interpretación é un vagabundo sen futuro que para comer se mete de sparring dun boxeador. As súas peripecias levarano a ser o campión.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Cine y deporte.


Videos tu.tv

Aeonflux


Dirección Karyn Kusama.
Dentro de 400 anos, unha praga terá erradicado a humanidade da face da Terra. A toda, agás á cidade amurallada de Bregna, gobernada por un consello de científicos. Pero nela non hai paz: un grupo de insurxentes, cuxa principal soldado é Aeon Flux, loitan contra o sistema. Cando Aeon é mandada nunha misión para matar o xefe de estado descubrirá secretos que o farán reformularse todo o que cría.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Como se fixo.
Reportaxe en La Butaca: Nacimiento y evolución de Aeonflux.
Banda sonora.

Trailer:

domingo, 4 de septiembre de 2011

Ran


Dirección Akiro Kurosawa.
Adaptación do "Rei Lear" de Shakespeare no mundo feudal xaponés, Ran cóntanos a historia dun señor da guerra que debido á súa avanzada idade, decide dividir o seu reino entre os seus 3 fillos, dandoles a cada un un castelo e unha parte das súas terras. Mentres os 2 fillos maiores están contentos desa decisión, o mais mozo non o aproba e prevee que tarde ou cedo isto desembocará nunha guerra entre irmáns, polo que é repudiado polas súas palabras.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
O director en Redescolar.
Miradas de cine.
Reseña en Laberinto de lecturas.
Lo sublime en Ran.
La mirada del samurai.
Reseña do director en Decine21.

Banda sonora.

Trailer:

sábado, 3 de septiembre de 2011

El acorazado Potemkim


Dirección Sergei Eisnstein.
A película narra a historia da unión soviética dentro do primeiro intento, falido, da revolución, en 1905. Os mariñeiros do Acoirazado Príncipe Potemkin de Táurida soportan as pésimas condicións de vida, como toda a poboación rusa, que vive baixo o dominio do Tsar. O motín desenvólvese polo descontento dos mariños polas condicións precarias e inhumanas en que estaban, sendo o seu líder, Vakulinchuk, asasinado por un oficial. Os oficiais de rango superior foron destronados e cando o Potemkin chega ao porto de Odessa, a xente aparece por todos os lugares e quere saber a causa do mariñeiro morto e o porqué do comezo dos actos de rebelión, enfrontaron polo exército tsarista.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña de Cinematismo.
Reseña en Decine21.
Guía didáctica en ProfesNet.
Reseña en Biografías y Vidas.
Banda sonora.

Fragmento:

Sólo se vive una vez


Dirección Frizt Lang.
Eddie Taylor (Henrio Fonda) sae do cárcere despois de cumprir a súa terceira detención. Unha cuarta supoñeralle a condena a pena de morte. Fóra de presidio estao a esperar a súa noiva Joan Graham (Sylvia Sidney), con quen intentará comezar unha nova vida como camioneiro.
Tras ser despedido do seu traballo, Taylor será acusado inxustamente de roubo e asasinato e condenado á cadeira eléctrica.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine21.
Reseña en Muchocine.
Miradas de cine.

El hombre elefante


Dirección David Lynch.
Unha rara enfermidade deformou o corpo de John, cebándose no seu rostro e a súa cabeza, que oculta cunha carapucha. John é exhibido como un monstro nas feiras, ata que un cirurxián se apiada del, o ingresa nun hospital e intenta axudalo... Que sucederá?
Un dos films máis conmovedores de David Lynch, que está inspirado en feitos reais. A historia dá voltas á idea de que a fermosura non é só o aspecto físico das persoas. Un canto ao espírito humano, rodado nun audaz branco e negro, conta cunhas magníficas interpretacións. A destacar John Hurt, que dá vida a John Merrick, o home elefante.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Universo David Lynch.
Cine e discapacidade.
Guía didáctica en Amnistía Catalunya e en Educacomunicación.
Suxerencia de visionado na Universitat Oberta de Catalunya.
Aula de cine.
"El dolor del ser humano" en Blog de cine.
Miradas de cine
Banda sonora.

Trailer:

jueves, 1 de septiembre de 2011

Wicker Man


Dirección Neil Labute.

Patrullando por unha autoestrada californiana, o axente de policía Edward Malus (Nicolas Cage) detén unha autocaravana. Instantes despois, un camión descontrolado colisionar brutalmente co vehículo, provocando un violento incendio que atrapa no interior a nai e filla. Edward non consegue salvalas e pasa os meses seguintes intentando borrar da súa cabeza os rostros de ambas as dúas pedíndolle auxilio. Pero Edward está a punto de ter unha segunda oportunidade. Unha carta desesperada da súa antiga prometida, Willow (Kate Beahan), quen o abandonou misteriosamente. A súa filla Rowan (Erika-Shaye Gair) desapareceu, e Edward é a única persoa na que ela confía para poder encontrar a pequena. Willow prégalle que viaxe ata onde vive, unha illa privada chamada Summersisle. Edward viaxa cara á illada terra, cuxa cultura, dominada pola matriarca irmá Summersisle (Ellen Burstyn), se basea en tradicións arcanas e un festival pagán coñecido como 'O Día da Morte e a Resurrección'. A túzara poboación ridiculiza Edward e a súa misión, insistindo en que nunca existiu unha nena chamada Rowan... ou que se así foi algunha vez, xa non está entre os vivos. Non obstante, o que Edward descoñece é que a chamada de auxilio comportará para a súa vida algo máis que unha posibilidade de redención. Ao intentar desentrañar os segredos de Summersisle, Edward verase atrapado nunha arañeira de ritos primitivos e mortais traizóns, e cada paso que dea cara á nena desaparecida achegaralle máis cara ao inexplicable e o sobrenatural.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial
Como se fixo.
Outras versiones da obra.

Trailer:

El maquinista

Dirección Brad Anderson.
Trevor Reznik (Christian Bale), operario dunha máquina nunha factoría, non pode durmir. Pero non se trata dun insomnio común. Trevor non dorme dende hai un ano. A fatiga comportoulle unha horrible deterioración da súa condición física e a súa saúde mental. Repelidos polo seu aspecto físico, os seus compañeiros de traballo primeiros evítano, e despois volveranse contra el cando un deles perde un brazo nun incidente no que Trevor se ve involucrado. Converteuse nunha carga para si mesmo e os demais, e queren botalo. Atormentado pola culpa, a vergoña de Trevor transfórmase en sospeita, e despois en paranoia, cando parece que os seus compañeiros conspiran para conseguir que sexa despedido, ou algo peor. Primeiro encontra crípticas notas que alguén deixou no seu apartamento. Seguidamente, díselle que o misterioso compañeiro tamén involucrado no accidente non existe. Son todos estes misterios parte dun plan para facer que Trevor se volva tolo? Ou é a fatiga o que o está a facer perder a razón? Coa firme determinación de encontrar unha resposta, Trevor investiga os estraños sucesos que están a converter o seu mundo nun pesadelo. Pero canto máis descubra, menos quererá saber.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Cómo se fixo.
Reseña en Alohacriticón.
Análisis psicoanalítico da película en Buenas tareas.
Banda sonora.

Trailer: