viernes, 14 de enero de 2011

Zodiac


Dirección David Fincher.
Thriller sobre o famoso "Asasino do Zodíaco", un asasino en serie que entre os anos 1966 e 1978 asasinou un número indeterminado de persoas na zona de San Francisco, ao tempo que enviaba cartas con pistas, a xeito de xogo, aos medios de comunicación. A historia céntrase nas longas pescudas de 2 detectives que intentaron darlle caza, así como as de 2 xornalistas que intentaron descubrir a súa identidade.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Reseña de LaHiguera.net.
Radiografía dunha obra maestra e crítica en Blog de cine.
Banda sonora
Trailer:

martes, 11 de enero de 2011

El último gran mago


Dirección Gillian Armstrong.
Cando Harry Houdini (Guy Pearce), o famoso mago escapista, chega a Edinburgo na súa xira mundial, ofrece unha gran recompensa á persoa capaz de contactar coa súa nai recentemente falecida. Mary (Catherine Zeta-Jones), unha atractiva e misteriosa médium, parapsicóloga escocesa, acepta o desafío atraída polo diñeiro. Houdini fará todo o posible por desenmascarar a misteriosa muller, pero non poderá evitar sentirse cada vez máis atraído por ela...

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en La Butaca e en Decine21.
Como se fixo.
Banda sonora.
Web oficial.

Trailer:

miércoles, 5 de enero de 2011

Uno de los nuestros


Dirección Martin Scorsese.
Henrio Hill (Ray Liotta), un novo italo-irlandés, vive no barrio de Brooklyn en Nova York, onde os emigrantes son maioría, e que está baixo a protección do xefe da família Pauline, Paul Cicero (Paul Sorvino).
Aos trece anos, Henry deixará a escola, e fascinado pola vida mafiosa, entrará a formar parte da organización, comezando por ser un mero pequeno dos recados, para ir ascendendo de posición a medida que se fortalece a confianza que teñen nel.
Xunto ao irlandés Jimmy Conway (Robert De Niro) e o italoamericano Tommy de Vito (Joe Pesci), cometerán roubos e secuestros cada vez máis temibles, transformándose en violentos asasinos.
Dirixida por Martin Scorsese, o filme, baseado na historia real de Henry Hill, explora as regras e tradicións do crime organizado.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca.
"La inmoralidad como norma" desde Decine21.
Crítica en La Off-Off Crítica
Trailer: