viernes, 25 de marzo de 2011

El hundimiento


Dirección Oliver Hirschbiegel.
Berlín, abril de 1945. Unha nación está a punto de sufrir o seu afundimento. Unha encarnizada batalla líbrase nas rúas da capital. Hitler (Bruno Ganz) e o seu círculo de confianza atrincheiráronse no búnker do Führer. Entre eles encóntrase Traudl Junge (Alexandra Maria Lara), secretaria persoal de Hitler. No exterior, a situación recrúase. A pesar de que Berlín xa non pode resistir máis, o Führer négase a abandonar a cidade. Mentres o sanguento peso da guerra cae sobre os seus últimos defensores, Hitler prepara a súa despedida final. Horas antes de suicidarse xuntos, el e Eva Braun (Juliane Köhler) cásanse. Os seus cadáveres deben ser incinerados para que non caian en mans do inimigo. Moitos outros optan polo suicidio. Cando a situación se fai insostible, Magda Goebbels (Corinna Harfouch) envelena os seus seis fillos e seguidamente o seu esposo e ela quitan a vida. Pouco despois, Traudl Junge e outros superviventes conseguen escapar no último momento...

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
El fin del horror en Decine21.
Como se fixo.
"El verdadero rostro de Hitler" de Deutscher Weller.
Entrevista co Führer.
Mirar hacia otro lado de Miradas de cine.
Crítica de LaHiguera.net, en AlohaCriticón e en Fotogramas.
Visión alternativa del cine bélico.
Reseña en EL País.
Curiosidades.
Entrevista co director.

Trailer:

sábado, 19 de marzo de 2011

Polar Express


Dirección Robert Zemeckis.
Un neno está deitado, esperto no seu cuarto, nunha nevada en Noiteboa, excitado e alerta. Respirando silenciosamente. Case sen moverse. Esperando. Está atento a ver se oe un son que teme que podería non oír nunca - o ruído das campaíñas da zorra de Santa Claus. Faltan cinco minutos para a media noite. De súpeto, un atronador estrondo sobresalta o rapaz. Ao quitar o bafo da ventá ve algo incrible - un relucente tren negro frea estruendosamente xusto diante da súa casa, o vapor do seu potente motor asubiando a través do ceo nocturno e das folerpas de neve que caen suavemente. O rapaz sae correndo, vestido só cun pixama e unhas zapatillas, e é recibido polo revisor do tren que parece estar a esperalo. «Bo, vés?», pregunta o revisor. «Onde?» «Ao Polo Norte, por suposto. Este é o Polar Express!»

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en La Butaca.
Cómo se fixo.
Web oficial.
Banda sonora.
Trailer:

martes, 15 de marzo de 2011

Troya


Dirección Wolfgang Petersen.
Ao longo dos tempos, os homes fixeron a guerra. Uns por poder, outros por gloria ou por honra, e algúns por amor. Na antiga Grecia, a paixón de dous dos amantes máis lendarios da historia, Paris, Príncipe de Troya, e Helena, Raíña de Esparta, desencadea unha guerra que asolará unha civilización. O secuestro de Helena, muller do Rei Menelao, por parte de Paris é un insulto que non se pode tolerar.
O orgullo familiar establece que unha afronta a Menelao é unha afronta ao seu irmán Agamenón, o poderoso Rei de Micenas, que non tarda en reunir a todas a tribos grandes de Grecia para recuperar Helena de mans dos troianos e defender a honra do seu irmán. A verdade é que a loita pola honra por parte de Agamenón está corrompida pola súa incontible cobiza -necesita o contol de Troya paar asegurase a supremacía do seu xa vasto imperio-. A cidade amurallada, baixo o mando do rei Príamo e defendida polo poderoso Príncipe Héctor, é unha fortaleza na que ningún exército foi capaz de penetrar. Só un home eríxese na clave para a vitoria ou a derrota de Troya - Aquiles-, considerado o máis grande guerreiro vivo. É a súa insaciable ansia de fama eterna o que o leva a atacar as portas de Troya baixo o estandarte de Agamenón.
Dous mundos irán á guerra pola honra e o pder. Miles de homes morrerán na súa loita por alcanzar a gloria. E, por amor, unha nación quedará reducida a cinzas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Como se fixo.
Reseña en Educar.org: sobre a Iliada, Historia da Grecia Antiga, deuses gregos.
Troia, mito ou realidade.
Webquest sobre a película.
Test interactivo de Educared.net.
A cólera de Aquiles en Decine21.
Crítica en Las horas perdidas, La higuera e en LaButaca.
Críticas dos espectadores en Filmaffinity.
Reportaxe en Fotogramas.
Banda sonora.
Trailer:

Precious


Dirección Lee Daniels.
Gañadora de tres premios no Festival Sundance 2009, incluíndo o Gran Premio do Xurado e o do Público na sección oficial de Dramático Estadounidense, a película de Lee Daniels PRECIOUS: BASEADA NA NOVELA "PUSH" DE SAPPHIRE é un filme vibrante, honesto e cheo de esperanza acerca da capacidade humana de crecer e de sobrepoñerse ás dificultades. Ambientada no ano 1987, é a historia de Claireece "Precious" Jones (Gabourey Sidibe), unha rapaza de 16 anos nacida e criada nunha vida que ninguén desexaría. Quedou embarazada por segunda vez do seu pai ausente; na casa, é practicamente unha escrava da súa nai (Mo'Nique), unha muller amargada que abusa dela emocional e fisicamente. O seu instituto é un verdadeiro caos, e está a rematar secundaria con boas notas e un segredo inconcibible: non sabe ler nin escribir.

Precious pode estar ás veces triste, pero nunca se dá por vencida. Detrás da súa expresión impasible encóntrase unha rapaza observadora e curiosa cunha innata e inamovible sensación de que no mundo lle agardan novas oportunidades. Ameazada de expulsión no instituto, a Precious ofrécenlle o traslado a unha escola alternativa que segue o sistema Each One/Teach One, onde ademais de aprender, os alumnos tamén participan no ensino. Precious non sabe que significa "alternativa", pero o seu instinto dille que esta é a oportunidade que estaba a esperar. No taller de alfabetización impartido pola paciente pero estrita Srta. Rain (Paula Patton), Precious emprende unha viaxe persoal que a levará da escuridade, a dor e a impotencia á luz, o amor e a autodeterminación.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica en Alohacriticón e Decine21.
Reseña en Fotogramas e en El País.
Guía en Asociación de Prensa Juvenil.
Wiki Filosofía e Cine de Rafael Robles
Trailer:

miércoles, 2 de marzo de 2011

Radio Encubierta


Dirección Richard Curtis.
En 1966, sen dúbida ningunha a época do mellor pop inglés, a BBC só emitía dúas horas de rock and roll á semana. Pero as radios piratas inundaban o país con rock e pop 24 horas ao día. E 25 millóns de persoas, máis da metade da poboación, escoitaba cada día aos piratas. Carl acaba de ser expulsado do colexio, e a súa nai decide que pase algún tempo co seu padriño Quentin. Pero dá a casualidade de que Quentin é o xefe de Radio Rock, unha emisora pirata instalada nun barco no mar do Norte, formada por un ecléctico grupo de pinchadiscos. Pero as emisoras piratas chamaron a atención do ministro Dormandy, que decide ir a por eses ilegais. Nunha época na que o poder afoga calquera cousa que se asemelle á exuberancia xuvenil, Dormandy non deixa pasar a oportunidade de meter un gol político. A aprobación da Acta de Infraccións Mariñas é unha boa escusa para rematar cos piratas e a súa nefasta influencia no país. O resultado é, literalmente, unha tempestade en alta mar. Os seguidores da emisora, consternados, bótanse ao mar a media noite nunha operación de rescate ao estilo "Dunkerque" para salvar os seus heroes. Pero o rock and roll nunca morre.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en La butaca e en Decine21.
Cómo se fixo.
Banda sonora.

Trailer:

martes, 1 de marzo de 2011

Ágora


Dirección Alejandro Amenabar.
Século IV. Exipto baixo o Imperio Romano. As violentas revoltas relixiosas nas rúas de Alexandría alcanzan á súa lendaria Biblioteca. Atrapada tras os seus muros, a brillante astrónoma Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos. Entre eles, os dous homes que se disputan o seu corazón: Orestes e o mozo escravo Davo, que se debate entre o amor que lle profesa en segredo e a liberdade que podería alcanzar uníndose ao imparable ascenso dos cristiáns.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Divulgamat.
Guía didáctica de Cine en el aula e en Educared.
Cómo se fixo.
Web oficial.
Crítica en La Butaca: Ojos del presente para vivencias del pasado e Hipatía, astrónoma y mártir.
Banda sonora.

Trailer: