sábado, 13 de noviembre de 2010

El jardinero fiel


Dirección Fernando Meirelles.
Nun remoto lugar ao norte de Kenya, asesi-nan brutalmente á activista máis entregada da zona, a brillante e apaixonada Tessa Quayle (Rachel Weisz). Un médico local que a acompañaba fuxiu e todo parece apuntar cara a un crime pasional. Sandy Woodrow (Danny Huston), Sir Bernard Pellegrin (Bill Nighy) e os demais membros do Alto Comi-sionado Británico están convencidos de que o viúvo de Tessa, o apracible e pouco ambicioso Justin Quayle (Ralph Fiennes) deixará o asunto nas súas mans, pero están moi equivocados. O equilibrio profesional do diplomático basculou ao perder a muller á que tanto amaba. Eses dous seres tan opostos atraíanse mutua-amente e gozaban dun feliz matrimonio. Os recordos desa unión empurran a Justin a tomar unha decisión por primeira vez na súa vida persoal e profesional. Perseguido polos remordementos e ferido polos rumores das supostas infidelidades da seu espo-sa, Justin sorpréndese a si mesmo lanzándose a unha perigosa odi-sexa. Decidiu limpar o bo nome da súa muller e "rematar o que ela empezou". Para conseguilo, debe aprender a marchas for-zadas como funciona a industria farmacéutica, xa que Tessa esta-ba a punto de descubrir un escándalo, e viaxará por dous continentes en busca da verdade. Non tardará en decatarse da existencia dunha conspiración tan letal como común que se cobrou vina-dá de inocentes e poñerá a súa en perigo.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Como se fixo.
Guía didáctica.
Crítica en Alohacriticón.
El jardinero fiel o el desarrollo de nuevas medicinas.
As empresas farmacéuticas en El Economista.
Artigo no Washington Post sobre o cal se baseou a película.
Reseña sobre o autor da novela: John Le Carré.

Banda sonora.
Trailer:


jueves, 11 de noviembre de 2010

El mensajero del miedo


Dirección Jonathan Demme.
O comandante do exército dos Estados Unidos Bennett Marco pásase a vida dando conferencias sobre a emboscada que sufriu o seu pelotón no deserto kuwaití e sobre a heroicidade do sarxento Raymond Shaw, que recibiu a Medalla de Honra por salvar os homes de Marco. Pero, de noite, as imaxes que recorda daquel fatídico día convértense en sinistros pesadelos. Marco empeza a preguntarse se os dous soldados que morreron no lume cruzado non terían sufrido en realidade unha sorte máis escura que a que indican os expedientes oficiais, e se Shaw é realmente o heroe ao que todos aclaman. Empurrado pola súa nai, a polémica senadora Eleanor Prentiss, Shaw chegou a ser candidato á vicepresidencia, e Marco non ten máis remedio que facer caso ás súas crecentes sospeitas. A pesar de todos os obstáculos, lánzase a unha carreira contra o tempo para demostrar a verdade antes de que aqueles poidan conseguir a Casa Branca.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Reseña en Decine21, Alohacriticón e en La Butaca.
Crítica.
Como se fixo.
Web oficial.
Banda sonora.

Trailer:

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Enemigos públicos


Director Michael Mann.
"Inimigos públicos" é a historia do lendario bandido da época da Gran Depresión, John Dillinger (Johnny Depp), o carismático atracador de bancos que se converteu no obxectivo número un do incipiente FBI de J. Edgar Hoover e do seu mellor axente, Melvin Purvis (Christian Bale), e nun heroe popular para o sufrido pobo. Ninguén era capaz de deter Dillinger e a súa banda.

Non había cárcere que se lle resistise. Grazas ao seu encanto persoal e ás súas ousadas fugas era aplaudido por case todo o mundo, dende a súa noiva Billie (Marion Cotillard) ata o home da pé que non sentía simpatía ningunha polos bancos que afundiran o país na depresión. As aventuras da banda de Dillinger, que posteriormente incluiría o psicópata Baby Face Nelson (Stephen Graham) e Alvin Karpis (Giovanni Ribisi), entretiñan á maioría, pero J. Edgar Hoover (Billy Crudup) tivo a idea de servirse da captura do bandido para empezar a transformar o seu "Bureau of Investigation" (Oficina de Investigación) no que sería o FBI. Converteu a Dillinger no "inimigo público número 1 de América" e lanzou a Purvis, o aposto "Clark Gable do FBI", tras el.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine21 e en Alohacriticón.
Fotogramas.
Como se fixo.
Web oficial.
Banda sonora.

Trailer:

martes, 9 de noviembre de 2010

El lector


Dirección Stephen Daldry.
Cando cae enfermo no seu camiño a casa dende o colexio, Michael Berg, un mozo de 15 anos, é rescatado por Hanna Schmitz, unha muller que lle dobra a idade. Ambos os dous comezan un apaixonado e secreto idilio, ata que Hanna desaparece un día misteriosamente deixando a Michael confuso e desconsolado. Oito anos máis tarde, sendo estudante de Dereito, Michael asiste como observador a un tribunal onde se está a xulgar colaboradores da Alemaña Nazi, e queda atónito ao encontrarse de novo coa súa antiga amante, esta vez, como acusada. A medida que se vai revelando o pasado da muller, Michael descobre un profundo segredo que terá un grande impacto na vida de ambos os dous.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine21
Crítica en Fotogramas y en Alohacriticón.
Reseña da novela en Hislibris.

Banda sonora.

Trailer:

lunes, 1 de noviembre de 2010

La calabaza del jinete sin cabeza


Película de animación
Inspirada na clásica historia de Washington Irvin, o noso conto empeza na véspera de Halloween na pequena cidade de Sleepy Hollow. Cando os amigos Nick e Kate, saen a buscar a maior e máis fresca cabaza, cando o conseguen o que non tiñan previsto é que a súa cabaza está encantada!!. Un asustadizo fantasma chamado Nathaniel aparece e advírtelles que a súa cabaza non é outra que a cabeza do lendario xinete descabezado, e esta noite é a súa única oportunidade de recuperala. Se o xinete se coloca a cabeza xusto a media noite, aterrorizará á cidade de Sleepy Hollow unha vez máis..

Na biblioteca e na wikipedia.
A lenda.