domingo, 7 de febrero de 2010

Diamante de sangre


Dirección Edward Zwick.
Historia de Danny Archer (Leonardo DiCaprio), un ex-mercenario de Zimbabwe, e Solomon Vandy (Djimon Hounsou), un pescador Mende. Ambos os dous homes son africanos pero as súas historias e circunstancias son completamente diferentes. Os seus destinos encóntranse de pronto unidos, por unha busca en común para recuperar un estraño diamante rosa, unha pedra preciosa que pode cambiar unha vida... ou rematala. Todo sucede durante o caos da guerra civil que se desatou en Serra Leoa en 1990. Solomon foi arrebatado da súa familia e forzado a traballar nos campos de diamantes. Un día encontra unha pedra preciosa extraordinaria e escóndea, sabendo que o risco de ser descuberto é que o maten instantaneamente. Pero el tamén sabe que o diamante non só pode prover os medios para salvar a súa esposa e fillas dunha vida como refuxiados, senón tamén axudar a rescatar ao seu fillo Dia, dun destino aínda peor como neno-soldado. Archer gáñase a vida intercambiando diamantes por armas. Decátase da existencia do diamante escondido por Solomon, cando está encerrado no cárcere por contrabando. Archer sabe ben que un diamante semellante só se encontra unha vez na vida, e que o seu valor podería permitir a Solomon saír do Africa e afastarse do círculo de violencia e corrupción no cal está involucrado. Maddy Bowen (Jennifer Connelly), é unha xornalista norteamericana que está en Serra Leoa para revelar a verdade sobre o comercio de diamantes, e poñer ao descuberto a complicidade dos líderes desta industria. Eles son xente sen principios, e o único que lles interesa, é o diñeiro. Maddy busca a Archer como fonte de información para escribir o seu artigo. Non obstante, dáse conta que Archer a necesita a ela máis que ela o necesita a el. Coa axuda de Maddy, Archer e Solomon emprenden unha perigosa travesía a través do territorio rebelde. Archer necesita que Solomon busque e recupere o valioso diamante rosado. Pero Solomon busca algo moito máis prezado para el... ao seu fillo.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica
Cómo se fixo.
Crítica en La Butaca.
Páxina oficial.
Guía didáctica.
Guía de Save the children.
Crítica.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: