lunes, 11 de mayo de 2009

Las 13 rosas


Dirección Emilio Martínez-Lázaro.
O 1º de abril de 1939, coa entrada en Madrid das tropas de Franco, remata a guerra civil española. Temendo a sanguenta represión que se aveciñaba, moitos republicanos foxen do país pero outros non poden ou non queren. Como as novas rapazas protagonistas desta historia real.
Franco promete que soamente serán castigados os que teñan as mans manchadas de sangue. E ningunha desas rapazas as ten. Como Carmen, por exemplo, de 16 anos, que militaba nas Xuventudes Socialistas pero nunca tivo unha arma. Nin a súa amiga Virtudes, que servía na casa duns novos ricos franquistas e pasou a guerra dando de comer anciáns e nenos no Socorro Vermello. Ou Julia, unha cobradora de tranvías, que se afiliara ás Xuventudes Socialistas para poder facer deporte nas instalacións da sede...
Eran rapazas novas, con ilusións, que tiñan noivo, que ían ao cine ou a bailar e divertíanse como podían naqueles duros e grises días da posguerra.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Reseña histórica
Web oficial da película.
Crítica en La butaca.
Reseña de Comunidad escolar.
Guía didáctica.
Como se fixo.
Banda sonora.

Trailer: